Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DÍA DAS LETRAS E DA INTERNET

En Carballo o blogomillo tamén é unha ferramenta lingüística

Unha actividade da Rede de Dinamización da Sociedade da Información introduce a poboación feminina no mundo da internet e dos blogs.

Redacción - 13:07 06/05/2008
Casa do Concello de Carballo

Casa do Concello de Carballo

O Concello de Carballo e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información na capital de Bergantiños achegarán as novas tecnoloxías á cidadanía na nosa lingua mediante dúas actividades. Deste xeito, conmemorarán o Día das Letras, da Internet e das Telecomunicacións o 17 de maio.

Por unha banda, as mulleres serán as destinatarias da Blogotica de Bergantiños, unha actividade que as instruirá no manexo do procesador de textos e na creación de blogs na internet. Deste xeito, amosarán na rede o seu traballo e compartirán todo tipo de vivencias.

O outro programa, chamado Continuará... está dirixido á poboación en xeral e tantará amosar que a lectura, a escritura e as novas tecnoloxías van ao mesmo paso. Os participantes deberán continuar unha historia a medio escribir, dándolles o seu toque persoal e empregando a imaxinación. O resultado publicarase na internet.

As dúas actividades desenvólvense durante o mes de maio na aula informática municipal da vila, coa coordinación da dinamizadora Soraya Carballo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: