A súa web inclúe un manifesto que pide que o recoñecemento das licenzas copyleft, que os bens culturais do Estado pasen ao dominio público e que a banda larga sexa un servizo universal.
Logotipo da plataforma
Unha nova plataforma de autores a prol da libre elección de licenzas preséntase na rede como alternativa a outras entidades "superadas pola tecnoloxía". Yosoyautor.org baséase na transparencia, a democracia directa e a liberdade do autor aproveitando as posibilidades da internet.A páxina da plataforma fai un chamamento aos creadores, escritores, músicos, artistas plásticos, programadores, fotógrafos, blogueiros... para que se unan e propoñan alternativas aos sistemas tradicionais e desfasados de xestión de dereitos.O seu manifesto pide o recoñecemento legal explícito das licenzas Copyleft e do Dominio Público como xeitos de protexer a propiedade intelectual, tamén esixe a presenza da plataforma nas negociacións de leis que afecten á creación e difusión cultural e que os bens culturais do Estado pasen ao dominio público e se garanta o seu acceso e distribución, facendo, por exemplo, que a banda larga sexa un servizo universal e accesíbel a toda a poboación.