Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Italia

Veltroni recoñece a vitoria de Berlusconi

As proxeccións outórganlle a maioría absoluta á coalición de dereitas, tanto na Cámara de Deputados coma no Senado.

Redacción - 21:27 14/04/2008

O líder do Partido Democrático, Walter Veltroni, admitiu na tardiña deste luns que o seu principal adversario, Silvio Berlusconi, obtería a vitoria de se confirmaren os resultados parciais correspondentes ao escrutinio dos votos, e xa se puxo en contacto con el para felicitalo.As proxeccións outórganlle á coalición de dereitas a maioría absoluta tanto na Cámara de Deputados como no Senado, cámara esta última que o centro-esquerda agardaba controlar para recurtarlle poder a Berlusconi. Salienta a subida da extrema dereita da man da Liga Norte e a caída da esquerda, que perde case toda representación. No Senado, a coalición de dereitas (Pobo da Liberdade, Liga Norte e Movemento para as Autonomías), obtería 164 escanos por 139 asentos do centro-esquerda. O centrista UDC lograría tres escanos e outros tres quedarían por repartir.Na Cámara de Deputados, as proxeccións danlle 340 asentos aos de Berlusconi, mentres que aos de Veltroni, que vai unido coa Italia dos Valores, ficaría en 241, dos 630 postos.(18.19 horas) Berlusconi gañaría folgadamente, segundo as primeiras proxeccións
As primeiras proxeccións de voto baseadas nos primeiros datos reais escrutados danlle máis vantaxe á coalición de centro-dereita que dirixe Silvio Berlusconi con respecto ao centro-esquerda de Walter Veltroni, con respecto ás sondaxes a pé de urna das 15.00 horas.

Segundo a proxección difundida ás 17.07 horas polo instituto Consortium, o centro-dereita -Pobo das Liberdades (PDL), Liga Norte e Movemento para as Autonomías- obtería o 44,9%, mentres que o centro esquerda -Partido Democrático (PD) e Italia dos Valores (IDV)- ficaría no 38,2%.

Outra das proxeccións, realizada polo instituto Ipsos para as televisións de Mediaset apunta unha diferenza aínda máis acusada, co 47,2% dos votos para Berlusconi e o 38,1% para Veltroni. As sondaxes prevén a vitoria también no Congreso, onde aínda non comezou o reconto.

(16.13 horas) As sondaxes a pé de urna danlle unha vitoria axustada a Berlusconi
A coalición de centro-dereita que lidera Silvio Berlusconi gañaría as eleccións tanto na Cámara dos Deputados como no Senado, segundo sinalan as enquisas realizadas a pé de urna e difundidas ás 15.00 horas.

A diferenza na Cámara dos Deputados sería dun punto e medio, con entre o 38,5% e o 45,5% dos votos para o centro-dereita e entre o 37% e o 43% para a coalición de centro-esquerda que lidera Walter Veltroni.

No Senado, a diferenza sería de case tres puntos, con entre o 39 e o 46% para o centro-dereita e entre o 36,5 e o 42,5% para o centro-esquerda.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: