Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aniversario

Irlanda do Norte: O camiño cara á paz comezou hai dez anos

O 10 de abril de 1998, Venres Santo, asinábase en Stormont un acordo entre católicos e protestantes para pórlle fin á violencia.

Fernando Arrizado - 12:25 10/04/2008
Apertón de mans entre Blair e Ahern, que simboliza o acordo

Apertón de mans entre Blair e Ahern, que simboliza o acordo

Irlanda do Norte conmemora este xoves o décimo aniversario do acordo do Venres Santo, que acabou co sanguento enfrontamento entre católicos e protestantes, aínda que algunhas feridas seguen abertas. Cecais para non remover esas feridas, as conmemoracións dese acordo, que se materializou o 10 de abril de 1998 tras case 3.000 mortos e 21 meses de negociacións, serán discretas.

A data posibelmente traia á memoria a situación da rexión irlandesa hai dez anos, cando os unionistas, partidarios de manter a unión de Irlanda do Norte e de Gran Bretaña, e os republicanos, partidarios da unificación de Irlanda, matábanse a diario.



"Compráceme anunciar que os dous gobernos e os partidos políticos en Irlanda do Norte chegaron a un acordo", anunciou o 10 de abril de 1998 -un Venres Santo- o senador estadounidense George Mitchell, que presidía as conversacións para acabar co conflito.

O IRA abandona a loita armada

"Hoxe foi o día do triunfo da coraxe", declarou ese mesmo día o primeiro ministro británico, Tony Blair, que se trasladou á sede das conversacións no castelo de Stormont xunto ao seu homológo irlandés, Bertie Ahern, co compromiso de non saíren até que se asinase un acordo que dese comezo ao proceso de paz.

En outubro de 2005, o Exército Republicano Irlandés (IRA) renunciou á loita armada e entregou as armas. Actualmente, Irlanda do Norte ten un goberno autónomo compartido e vive unha estabilidade política que non coñecía dende a partición da illa en 1921, ademais dun dinamismo económico moderado mais progresivo.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tony Blair e Bertie Ahern asinan o acordo, o 10 de abril de 1998 en Stormont
Tony Blair e Bertie Ahern asinan o acordo, o 10 de abril de 1998 en Stormont
Cartaz en contra dos acordos de Venres Santo (clique para ampliar) / Flickr: sharonosuillibhan
Cartaz en contra dos acordos de Venres Santo (clique para ampliar) / Flickr: sharonosuillibhan
Protestas dos unionistas, en contra dos acordos e do líder dos protestantes, David Trimble
Protestas dos unionistas, en contra dos acordos e do líder dos protestantes, David Trimble