Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Fianza de 3.000 euros

Deteñen un mozo coruñés acusado de agredir un militante de extrema dereita

O ultradereitista Ricardo Sáez de Ynestrillas "ofreceuse a exercer a acusación particular cando se leve a cabo o xuízo".

Redacción - 13:10 03/04/2008
Sáenz de Ynestrillas

Sáenz de Ynestrillas

A Policía detivo este martes na Coruña a R.M.M., militante independentista, acusado de "lesións" e "roubo con intimidación" a un militante de extrema dereita o pasado 9 de febreiro, informa Ceivar.

Segundo fontes citadas polo colectivo, ao mediodía desa xornada tres mozos coruñeses viron como unha persoa pegaba autocolantes de "ideoloxía fascista" nunha rúa da cidade. Ao recriminárenlle a súa actitude, este último sacou un puñal que acabou producindo o enfrontamento.

Segundo a web Infonacional, que aloxa información de diversas organizacións da dereita radical española, os feitos foron ao revés. Aseguran que a detención deste martes de R.M.M., ao que acusan de ir armado, produciuse "grazas á colaboración cidadá".

R.M.M., que foi posto a disposición xudicial, saíu en liberdade con cargos na tarde desta cuarta feira tras pagar unha fianza de 3.000 euros. O colectivo Ceivar solicitou a axuda económica da cidadanía para facer fronte a esta multa e amosou a súa solidariedade co detido.

Á espera da petición definitiva do fiscal, as dúas acusacións que pesan sobre o mozo independentista poderían supor unha condena de prisión de até 5 anos.

Ynestrillas, na acusación particular

Dende Ceivar sinalan que "a evidencia da dimensión e das implicacións que adoptou o presente proceso represivo aberto contra o antifascista galego é a presenza na citado web da ultradereita española dunha información do 28 de febreiro que recolle o ocorrido 19 dias antes como unha agresión a un mozo militar por parte de tres separatistas".

Ademais, nesta mesma web anúnciase que o líder de extrema dereita Ricardo Sáez de Ynestrillas "ofreceuse a exercer a acusación particular cando se leve a cabo o xuízo".


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: