Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CATÁLOGO WHITE RAVEN 2008

Dúas obras de OQO e Kalandraka, entre os mellores libros infantís do ano

Trátase de 'Ovos duros', adaptada por Marisa Núñez e ilustrada pola portuguesa Teresa Lima; e 'O sorriso de Daniela', de Carmen Gil, con imaxes de Rebeca Luciani.

Redacción - 11:28 28/03/2008

Galiza está na primeira división mundial en varios aspectos da arte, moitos relacionados curiosamente (ou non) coa imaxe e o debuxo. Por exemplo o cinema de animación, a banda deseñada e a ilustración, así como a edición de libros. E tamén na literatura escrita para nenos, tanto polas historias creadas ou adaptadas polos autores galegos, como polas imaxes e o acompañamento gráfico destas obras.

OQO
e Kalandraka están entre as editoriais de literatura infantil máis recoñecidas en todo o mundo, e nos últimos meses recibiron numerosos premios. Agora reciben a noticia de que dous dos seus libros van ser incluídos no catálogo The White Ravens 2008 que elabora a Biblioteca Internacional da Xuventude (IJB) de Munich. En total foron seleccionados 250 libros infantís en máis de 30 idiomas e de 50 países. Trátase de Ovos duros, de OQO, adaptada por Marisa Núñez e ilustrada pola portuguesa Teresa Lima; e O sorriso de Daniela, Carmen Gil, con imaxes de Rebeca Luciani.

Ambos os dous recoñecementos únense aos premios recibidos anteriormente por OQO e que lle serán entregados na Feira de Boloña, o máis importante evento da literatura infantil e xuvenil do mundo. OQO recibirá o 31 de marzo unha Mención de Honra do Bologna Ragazzi Award, que por primeira vez recaerá nunha editora galega, por O Gran Libro dos Retratos de Animais, escrito e ilustrado por Svjetlan Junakovic. O galardón engádese tamén ao concedido pola Fundación Espace Enfants de Suíza á obra Chocolata, que por primeira vez na súa historia recaera nunha editorial do estado español.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: