Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FOMENTO DA LECTURA

Ler nas salas de espera

Son xa 45 os centros de saúde de todo o país nos que a Consellaría de Cultura reparte libros na súa campaña 'Lendo espero'

Redacción - 09:00 27/03/2008

O programa está especialmente dirixido aos rapaces, e de feito a Consellaría de Cultura iniciou a campaña en 2006 repartindo libros nas salas de espera dos servizos de pediatría. En 2008 incorpóranse 16 novos centros á iniciativa, entre eles os de Bergondo, Guísamo, Arca e Redondela, onde comeza este xoves. Ademais, haberá material de lectura nos centros de saúde en Oleiros, Rianxo, Carballo, Cedeira, Poio, Meis e Illa de Arousa, Monterroso, Barbadás, Xunqueira de Ambía, Caldas de Reis, Cuntis e Salvaterra do Miño.

Nos servizos de pediatría diporase dun punto de lectura, con libros e información sobre as condicións de uso. Os usuarios poderán coller os libros libremente, que estarán dirixidos, principalmente, a idades novas e conterán abondosas imaxes. Para o mantemento cotiá e a actualización dos fondos, a Consellería contará coa colaboración das bibliotecas municipais.

Na actualidade, xa dispoñen destes puntos de lectura Cambre, Perillos, Milladoiro, Ribadeo, Monforte, Allariz, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Baiona, Moaña, Tui, Vilagarcía de Arousa, Ortigueira, Miño, Melide, O Pino, Outes, Culleredo, Coirós, Chantada, Ribadavia, O Grove, Lalín, Ponteareas, O Rosal, Mos e Salceda de Caselas.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: