Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Plan 2007/2013

Portugal e Galiza, xuntos no téxtil

O goberno luso ten entre as súas prioridades a creación dun mega-clúster para aproveitar sinerxias e facerse oco no mundo da moda.

Redacción - 09:00 26/03/2008

O téxtil é un dos sectores claves na relación de exportacións existentes entre Galiza e o Norte de Portugal e agora pode incluso chegar a ser algo máis. O goberno portugués anunciou como prioridade para o plano estratéxico do sector téxtil no período 2007/2013, a creación dun mega-clúster entre Portugal e Galiza.

Ante unha situación de mercado definida pola globalización mundial e pola feroz competencia internacional, fanse necesarias novas mediadas que axuden a proxectar o noso téxtil. Mediante o aproveitamento de sinerxias de produción e a complementariedade da moda e a tradición industrial existente entre as dúas rexións, o goberno luso busca un oco no difícil mundo da moda, apoiado polo sector galego.

O sector volve saír a flote

Portugal viviu nos últimos anos unha significativa perda de man de obra. Dende 2002, no que os traballadores do téxtil superaban os 222.000, a cifra situouse a finais de 2006, e segundo datos da Associação Têxtil e Vestuário de Portugal (ATP), en menos de 180.000. A produción tamén se viu reducida, pasando de 7.442 millóns de euros a 5.800, mentres que as exportacións seguiron tamén unha liña descendente (de 4.500 millóns a 4.100).

Pola contra, o 2007 foi un ano de crecemento, aumentando as exportacións nun catro por cento, cun aumento da produtividade e un maior valor na produción.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: