Alemaña promove unha campaña para evitar a discriminación por motivos relixiosos a través de debuxos con estética manga.
O goberno alemán está está a buscar novas formas para previr á poboación máis nova sobre a proliferación de ideas xenófobas en contra das comunidades musulmás. A través dun cómic dirixido a rapaces de entre 12 e 16 anos, as autoridades xermanas queren tamén chamar a atención sobre o perigo das ideas fundamentalistas e fomentar a convivencia pacífica entre as distintas comunidades relixiosas do país.
Un paso máis alá dos slogans ou das charlas nos colexios, a efectividade do cómic, do que xa se distribuíron 100.000 copias, é patente. A historia está protagonizado por Andi, un rapaz de 15 anos que trata de evitar que o irmán da súa moza musulmá se vexa influído polas ideas radicais dun imán. Este personaxe xa fora utilizado en 2004 nunha campaña contra as ideas da extrema dereita do Estado de Renania do Norte Westfalia, onde acadara un enorme éxito.