Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A organización ecoloxista Amigos da Terra convoca a diferentes colectivos organizacións e á cidadanía en xeral a participar dunha xornada de reflexión e posta en común de ideas para traballar en conxunto na loita

Lalín 29F: Loita antitransxénica

Este venres 29 de febreiro terá lugar na localidade pontevedresa de Lalín, unha acción en repulsa ao ensaio e cultivo con millo transxénico en Galicia, emprendida por Amigos da Terra, e que desenvolverase ao longo de todo o día en dito municipio.

Amigos da Terra - 11:26 28/02/2008
Tags:

A avaliación dun ensaio con transxénicos aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente, en  Xaneiro do 2007, propón ampliar as áreas de ensaio con millo transxénico en Galicia a catro municipios, un dos cales é Lalín.

Para debatir sobre a situación destes ensaios e do posible cultivo con transxénicos en Galicia, organízase esta xornada, á que acudirán entre outros:  representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG), Concello de Lalín, Asociación de produtores ecolóxicos de Galicia (APEGA), Asociación de  Agricultores e Gandeiros de Lalín, ADEGA así coma outras organizacións ecoloxistas e organismos implicados.

A xornada do venres transcorrerá principalmente en dous emplazamentos de Lalín.Pola mañá instalarase unha mesa informativa na Praza da Igrexa, en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.30. Na mesa proporcionarase información sobre os transxénicos, recollerase a opinión da poboación sobre o tema para logo elaborar un pequeno informe e tamén procederase á recollida de sinaturas pedindo a declaración de Galicia coma Zona Libre de Transxénicos.

Ás 20.00 e na Casa da Xuventude dará comezo a Mesa Redonda, na que intervirán: David Sánchez Carpio (Amigos de la Tierra), Charo Sánchez Parga (S.L.G.), e Xosé Manuel Méndez García (Concello de Lalín), Marcial Costoya (Xerente Zona Norte Monsanto), Luis González Rodriguez (Departamento de Bioloxía vexetal e Ciencias do Solo, Universidade de Vigo); posteriormente debatirase a situación actual dos transxénicos en Galicia, e a posible elaboración dunha estratexia en común entre os colectivos asistentes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: