Unha aplicación que permite a comunicación entre ordenadores a través da rede
ShifD permite tamén enviar entre os usuarios os diferentes artigos do diario, o que supón un grande avance para os medios de comunicación que pretenden adaptarse á era da mobilidade en expansión. ShifD permite crear uns Post IT Notes que os usuarios escriben ou que se seleccionan no ordenador, por exemplo, e que se recupera despois na pantalla ou na rede desde calquera computadora conectada.
ShifD baséase na tecnoloxía Adobe AIR. O importante deste avance para as publicacións, é que indica o principio dos "medios de comunicación independente da tecnoloxía", o que supón a diferenciación entre contido e soporte técnico.