Nesta sexta edición o festival conta tamén coa presencia dos míticos Young Marble Giants, consolidándose como evento de referencia na música avanzada en Galiza.
O trío italiano Zu
Comeza a sexta edición do festival Sinsal, e faino cun completo programa que conta con representación galesa, brasileira e congolesa. O 18 de febreiro darán comezo os concertos da estación de inverno, coa actuación no teatro Caixanova de Kassin+2, o proxecto que Moreno Veloso comparte cos músicos cariocas Domenico Lancellotti e Alexandre Kassin, onde revisan a tradición musical do seu país.
Os concertos continúan no MARCO coa actuación dos italianos Zu o 16 de abril. Con dez discos ás súas costas este tío instrumentista segue a investigar nas fronteiras entre o rock e o free jazz. Mais o concerto máis esperado chega en maio, o 29 o auditorio de Caixanova acollerá o regreso aos escenarios dos Young Marble Giants trinta anos despois de sacar ao mercado o seu disco Colossal Youth, reeditado en 2007 como pretexto para reunir aos seus membros. Aquí podemos velos co seu Brand New Life: