Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INICIATIVA DE CREACIÓN EN REDE DE IGOR LUGRÍS

"As antigas aves alejandrinas..."

'Escreve o abecedário!' anima aos internautas a construír relatos con verbas que comecen pola mesma letra

Redacción - 14:30 08/02/2008

Primeiro foi aquel cadáver esquisito lanzado en febreiro de 2007 e que a partir dun primeiro verso, Ha umha certa luz incomprensível na distáncia, circulou pola rede e foi crecendo e engordando. Agora Igor Lugrís lanza unha nova inicitaiva de creación en rede chamada Escreve o abecedário! na que anima a redactar textos empregando apenas palabras que comecen pola mesma letra, polo A, polo B, polo C...

No seu blog publica dous exemplos, realizados coas dúas primeiras letras do alfabeto. A do A dá lugar a frases como As antigas aves alejandrinas ajudava-no a alterar as alfandegas árticas. E a do B, necesariamente máis complicada, comeza por Baloreciam buliciosas borbulhas baleiras.

Lugrís tamén propón que se vaian empregando verbas cuxas iniciais vaian en progresión, coma no exemplo que enceta deste xeito: Ainda baixavam carros da estrada ferrolá. Trátase en definitiva de xogar coas letras e coa lingua, e coa riqueza do noso idioma. A participación será por medio de correos electrónicos enviados ao propio Lugrís, que se encargará de colgar os textos no seu blog, e a única condición que deben cumprir as creacións é estar escritas en galego-portugués, en calquera das súas normativas.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: