Os concertos serven, respectivamente, para abrir o ciclo 'Vangardas Sonoras' e a extensión compostelá do festival Sinsal.
O folk norteamericano domina os escenarios galegos este xoves. En Pontevedra, Sid Griffin, máis clásico, case unha lenda do rock norteamericano, abre o ciclo Vangardas Sonoras na Fundación Caixa Galicia da cidade. O concerto comezará ás nove da noite. Sid Griffin foi líder da mítica banda The Long Ryders, que entre 1983 e 1987 publicou catro álbums moi influenciados por Gram Parsons e os The Flying Burrito Brothers.