Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AS BANDAS GALEGAS OFRECEN AS SÚAS CANCIÓNS

Fracasa o Qtrax, a música de balde está en LastFM

A música cambia, sobre todo nos seus mecanismos de distribución, e semella que o futuro inevitábel son as descargas gratuítas.

Redacción - 09:00 11/02/2008

Qtrax informou hai uns días da existencia dun acordo coas principais discográficas, que lle ía permitir ofrecer aos seus usuarios a descarga das cancións sen necesidade de pagar, grazas a un sistema de financiamento por publicidade. Porén, ao día seguinte, as meirandes discográficas, comezando por Universal, Sony BMG, Warner ou EMI negaron ter chegado a un acordo con Qtrax, aínda que si recoñeceron ter mantido conversas.

Porén, parece que a institución deste tipo de plataformas gratuítas é inevitábel. Hai uns días LastFM, a meirande comunidade de música na rede, con máis de 20 millóns de usuarios activos, anunciou que ía ofrecer gratuitamente máis de tres millóns e medio de cancións e álbumes completos, despois de ter chegado a un acordo con Universal Music Group, Sony/BMG, Warner, EMI e outros 150 selos pequenos.

Ducias de grupos galegos ofrecen as súas cancións de xeito gratuíto nesta comunidade. Moitas son bandas e artistas que buscan un oco no mercado, algúns aínda sen un álbum longo editado. Pero tamén hai grupos que xa colleitaron éxitos, como Triángulo de Amor Bizarro, Apenino, 6PM ou Manos de Topo. Tamén pódense descargar de balde as cancións de Niño y Pistola, Nouvelle Cuisine, Fanny & Alexander, Noise Project, Quant, Annie Hall ou Projecto Mourente. Máis? En LastFM tamén están os temas completos de Boy Elliot, HA6, Os Trasnos do Moscoso, Le Glamour Grotesque, Fusquenlha, Xurxo Romaní ou Zimmer 103.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Grupo 'Galiza' en LastFM
Grupo 'Galiza' en LastFM