Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presencia dos presidentes portugués e español

Touriño intervén este sábado en Braga na XXIII Cimeira Ibérica

Redacción - 11:05 19/01/2008

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, destacará na súa intervención deste sábado en Braga, na XXIII Cimeira Ibérica, os avances rexistrados nas redes de infraestruturas de conexión entre os estados español e portugués, grazas á cooperación entre estes territorios.

Ademais, o xefe do Executivo incidirá na necesidade de dar cumprimento aos compromisos de anteriores cumios para completar as conexións a través de tren de alta velocidade no horizonte de 2013, tanto a liña Vigo-Porto como Lisboa-Madrid e Aveiro-Salamanca.

Cómpre lembrar que Touriño participa en Braga en calidade de representante das comunidades españolas fronteirizas con Portugal.

A cooperación en materia ambiental e a necesidade de estreitar a colaboración para preservar os recursos naturais de ambos os dous estados serán outros dos temas onde o presidente da Xunta fará fincapé.

Tamén apostará por afondar na cooperación transfronteiriza de segunda xeración, para mellorar os servizos públicos; por potenciar as relacións económicas; e por ampliar os intercambios culturais, educativos e tecnolóxicos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: