Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIANTE DO MINISTERIO DE ASUNTOS SOCIAIS

O xulgado autoriza a manifestación xenófoba do domingo en Madrid

Acepta o recurso de Democracia Nacional contra a decisión da delegación do goberno español.

Redacción - 17:35 18/01/2008
O partido recalca na súa web que a manifestación foi autorizada

O partido recalca na súa web que a manifestación foi autorizada

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid decidiu autorizar a manifestación do partido Democracia Nacional (DN) prevista para o domingo 20 na capital do Estado. O xulgado deulle a razón á formación política, que presentara un recurso contra a decisión da delegación do goberno español que prohibía a concentración, prevista para o mediodía diante do Ministerio de Asuntos Sociais.

A representación do executivo decidira impedir a manifestación por considerar que había fraude de lei ao non coincidiren o lema comunicado e o que figuraba na web de DN, de carácter xenófobo. Frases como "esa escoura vida de afastadas terras" ou "non quedes impasíbel porque o destrúen todo" aínda se poden ler na páxina do partido, que ten como lema electoral "Os españois primeiro".

A delegación tamén considerara a convocatoria fóra da lei polo seu carácter "agresivo" e por conter expresións contra a dignidade das persoas. Tamén tivo en conta a anterior concentración de DN, onde houbera desordes públicas, ademais da morte dunha persoa nova e graves lesións a outra.


3/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: