Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VENRES, 22 HORAS

O CCG estrea 'Negro' en Vigo

É a primeira coprodución do Centro Coreográfico Galego para este ano, realizada coa prestixiosa compañía Daniel Abreu.

Redacción - 17:03 18/01/2008

O Centro Coreográfico Galego (CCG) e a compañía Daniel Abreu estrean o vindeiro venres 18 ás 22.00 horas no Teatro Ensalle de Vigo (Rúa Chile, 15) o espectáculo Negro, primeira proposta do plan de coproducións do CCG para actual temporada, na que se presenta un traballo intimista dirixido polo coreógrafo canario e interpretado por el mesmo xunto a tres bailarinas galegas. A peza, que permanecerá na sala viguesa toda a fin de semana, exhibirase tamén no Salón Teatro de Santiago de Compostela os próximos 26 e 27 de xaneiro.

Con Negro, o Centro Coreográfico Galego, a unidade para a promoción da danza da Consellaría de Cultura e Deporte, continúa coa liña aberta o pasado ano de apoio á materialización de proxectos coreográficos xurdidos a iniciativa de profesionais procedentes de compañías privadas.

Negro está dirixido e coreografiado por Daniel Abreu, quen tamén forma parte da interpretación desta peza xunto ás bailarinas galegas, afincadas en Madrid, Andrea Quintana, Janet Novas e Anuska Alonso. O traballo fundaméntase no corpo como único instrumento motor de toda sensación. Bailarín e coreógrafo de gran talento, Daniel Abreu traballou para compañías como Provisional Danza ou Matarile Teatro. Foi asistente de dirección de Ana Vallés e Carmen Werner en Mi pie izquierdo e asistente de coreográfia da ópera Macbeth no Teatro Real. Obtivo o Premio do Xurado no XVIII Certamen Coreográfico de Madrid, xunto a Mónica García.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: