Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra os alimentos modificados xeneticamente

Trescentos investigadores asinan para que o goberno español prohiba os transxénicos

Canda representantes da sociedade civil asinaron un manifesto onde lle piden ao goberno español que vete o seu cultivo.

Redacción - 18:00 17/01/2008

A medida, tomada días despois de que Francia prohibise o cultivo do millo transxénico, quere alertar da "ameaza que representan para a agricultura e para a substentabilidade" as sementes transxénicas.

Na actualidade, no Estado Español existen 75 mil hectáreas cultivadas con millo MON 810, o millo transxénico. Moitas deles están en Galiza.

Do que se trata é de preservar o ambiente e a saúde humana
"Non se trata dun debate técnico, simplemente preténdese conservar a saúde humana e o medio", comentou Liliane Spendeler, presidenta da asociación de Amigos da Terra no momento de entregar a listaxe coas 300 sinaturas.

O manifesto foi apoiado por peritos de centros de investigación, universidades, xardíns botánicos e de sindicatos e organización ecoloxistas. Con el preténdese abrir o debate sobre os alimentos modificados xeneticamente, e poder chegar a prohibir o cultivo de, entre outros alimentos, o millo MON 810, como se fixo en Francia, baseándose en informes científicos sobre os seus impactos (imposibilidade de evitar a contaminación a outras especies e os efectos tóxicos sobre outros organismos).

Segundo Eugenio Reyes, investigador do Xardín Botánico de Las Palmas, asinante do documento, os transxénicos teñen "unha tecnoloxía que está a destruír a biodiversidade, e que naceu como subproduto da industria militar", e engadiu, "é lamentábel que o Estado Español sexa un vector de produción destes cultivos en Europa, cando é moi rico en biodiversidade".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha protesta contra os transxénicos / Flickr: Esteve Rhodes
Unha protesta contra os transxénicos / Flickr: Esteve Rhodes