Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DECLARADO DESERTO

O 'Barco de Vapor' non navega

O premio de literatura infantil e xuvenil da Fundación SM non escoller gañador na súa categoría de lingua galega, algo que xa sucedeu en 2005 e 2006.

Redacción - 18:33 15/01/2008

O certame O Barco de Vapor, que conta entre os seus gañadores con autores de prestixio como Agustín Fernández Paz, Pepe Carvallude, Paco Martín ou Xosé Antón Neira Cruz, naceu hai xa 23 anos para premiar obras galegas de literatura infantil e xuvenil. O Premio Barco de Vapor nacera para obras en lingua castelá uns anos antes. Porén, nos últimos catro anos declarouse deserto en tres ocasións (2005. 2006 e 2008), resolvéndose só en 2007 en favor de Carlos Mosteiro (Unha bruxa ben rara).

A partir deste momento queda aberta a convocatoria para a vixésimo cuarta edición, cuxo prazo de recpción de orixinais finalizará o vindeiro 15 de abril.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: