Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
81 DETIDOS EN EE.UU. NAS MANIFESTACIÓNS

Protestas en todo o planeta no sexto aniversario de Guantánamo

Membros de Amnistía Internacional, vestidos con monos laranxa, realizarán un acto de protesta este sábado pola tarde en Vigo.

Redacción - 11:16 12/01/2008

O sexto aniversario da apertura do campo de detención de Guantánamo, que se cumpre este sábado, motivou protestas na meirande parte das capitais europeas, así coma nos Estados Unidos. En Londres os manifestantes, vestidos con monos laranxa, representaron diante da embaixada norteamericana as condicións nas que se atopan as persoas recluídas en Guantánamo.

En Washington as autoridades detiveron a 81 activistas que protestaban perante o Tribunal Supremo dos EE.UU. para padir a fin das detencións ilegais en Guantánamo. Os activistas, tamén vestidos con monos de cor laranxa, foron detidos baixo o cargo de violar un ordenamento que prohíbe manifestaciónes ante as Cortes de Xustiza.

Finalmente, en Madrid Ruhal Ahmed, un británico que estivo preso na base estadounidense e que aos dous anos quedou en liberdade sen cargo nin explicación ningunha. Encabezou a manifestación de Amnistía Internacional e entregou na Embaixada de EEUU un escrito, asinado por 170 deputados españois, para reclamar o peche inmediato do cárcere.

Acto de protesta de AI en Vigo
Entre as 17.00 e as 19.00 horas do sábado, AI mostrará paneis informativos sobre a situación, incluídos dous poemas escritos por presos de Guantánamo, e distribuirá información entre a opinión pública. Disfrazados cos monos laranxa, recrearán os sufrimentos aos que son sometidos os presos de Guantánamo.
A organización recollerá sinaturas de apoio a una petición dirixida ao Presidente Bush asinada por máis de 170 parlamentarios y parlamentarias españois, 10 deles galegos, que solicitan ao goberno norteamericano a fin das detencións ilegais, no marco da "guerra contra o terror", cuxo primeiro paso debe ser o peche de Guantánamo. Esta iniciativa forma parte da petición de AI apoiada por máis de 1.100 sinaturas de parlamentarios de todo o mundo.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: