Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONFLITO COMERCIAL

Unha empresa chinesa de óptica gáñalle a marca Windows a Microsoft

A administración deulle a razón á compañía local para empregar a denominación para os seus lentes.

Redacción - 13:50 12/01/2008
Os lentes Windows

Os lentes Windows

Unha marca chinesa de lentes gañoulle un preito á todopoderosa Microsoft polo uso da marca Windows. A compañía da cidade de Ningbo rexistrou hai sete anos a marca Shichuang -fiestra, en mandarín-. Despois de cinco anos de disputa, a Administración Estatal de Industria e Comercio deulle a razón á empresa chinesa fronte á estadounidense.

Como consecuencia da decisión administrativa, Microsoft non poderá vender produtos de óptica na China coa marca Windows, reservada á empresa local. O proceso comezara en 2003, cando a compañía pediu permiso para vender lentes coa marca Windows. Pouco despois recibiu unha protesta de Microsoft, que consideraba que prexudicaría os seus dereitos de marca.

Ao final, triunfou o argumento da marca de óptica, que negou que houbese prexuízo, por se tratar de sectores comerciais moi diferentes.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: