Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O MÉRCORES 16 EN RIBEIRA

O grupo que fixo unha canción contra o mallador do can de Aguiño irá a xuízo

A banda madrileña Lyvon foi denunciada por un suposto delito de inxurias polo seu tema Juan Lado cagón.

Redacción - 12:47 10/01/2008
Imaxe promocional do grupo Lyvon

Imaxe promocional do grupo Lyvon

O grupo musical madrileño Lyvon foi chamado a xuízo o vindeiro mércores en Ribeira a consecuencia dunha denuncia que lle puxo o veciño de Aguiño Juan Lado. O home, coñecido por unhas imaxes que deron a volta ao mundo nas que mallaba até a morte no seu can pastor alemán Ronnie, acusou a banda dun delito de inxurias pola canción que lle "dedicou" ao home, titulada Juan Lado cagón.

Juan Lado Palmier presentou como probas contra Lyvon o vídeo musical que o grupo ten en YouTube e mais unha información publicada na web de Telecinco onde se inclúe a letra da canción e na que se define a súa autoría como anónima ou descoñecida. Na súa web, a banda di que a súa intención era "denunciar os brutais actos de Juan Lado facendo unha crítica en forma de música sobre a brutal malleira", como un xeito de amosar a súa repulsa a todo tipo de actos de malos tratos aos animais.

A formación musical critica a decisión do veciño aguiñense polo feito de que "decide denunciar unha banda musical modesta e practicamente anónima por expresar o seu descontento" co acto practicado en xullo de 2004 e feito público polo seu veciño en setembro de 2006, e recoñece a autoría da canción "que foi unha libre expresión do sentir popular" e que lle chamou "cagón como sinónimo de covarde ao asasinar o seu can dese xeito".

O grupo puxo en marcha unha campaña de apoio na rede. Este é o vídeo da canción:


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: