Touriño asegura que as reformas fiscais que se preparan benefician á mocidade e á pequena empresa.
Os galegos que herden bens valorados en menos de 125 mil euros non terán que pagar o Imposto de Sucesións dende o vindeiro mes de setembro, cando a Xunta agarda que estea en vigor a reforma do tributo. O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, e o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández subliñaron que esta medida afecta ao “90% das herdanzas”. Porén, os dous políticos cren que debe manterse o imposto nos outros casos porque “favorece a equidade e a redistribución”.
Dende a Xunta sosteñen que con esta modificación Galiza está en condicións de competir fiscalmente coas outras comunidades do Estado ao favorecer especialmente á mocidade, ás explotacións agrarias e ás pequenas empresas.
Poden ampliar esta noticia na propia páxina da Xunta.