Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GRAZAS AO PROGRAMA INFORMÁTICO SKYPE

Sony vai transformar a súa consola PSP en teléfono móbil

Supón un novo exemplo da converxencia entre o teléfono e a consola de xogos portábeis.

Redacción - 18:00 08/01/2008
Consola PSP de Sony

Consola PSP de Sony

A empresa xaponesa Sony anunciou, o luns 7 de xaneiro, que ía dotar a PSP, a súa consola de xogos portábeis, dunha función de telefonía.

Os proprietarios do último modelo deste aparello, a PSP Slim, poderán descargar a partir de finais de xaneiro o popular programa informático de telefonía por Internet Skype (propiedade de eBay). A condición de que estean perto dun terminal Wi-Fi (tecnoloxía de acceso ao Internet sen fío), poderán utilizar a súa consola como un teléfono, empregando este tipo de conexión e grazas a un minicasco que comercializará tamén Sony.

As comunicacións serán gratuítas con outras consolas ou ordenadores ou a un custo máis escaso que chamando por teléfono mediante a rede dos operadores móbeis.

Para Sony, trátase de volver a PSP aínda máis atractiva ante o seu gran rival, a DS do seu compatriota Nintendo. A PSP, pequena xoia tecnolóxica, está dotada cunha ampla pantalla LCD de 4,3 polgadas que permiten observar películas cunha moi boa calidade de imaxe.

Pero polo momento, é a DS a que adquiriu o maior éxito a pesar dun deseño bastante básico. Entre o seu lanzamento, a finais de 2004, e marzo de 2008, Nintendo debería ter vendido 68 millóns de unidades no mundo. Mentres que entre marzo de 2007 e marzo de 2008, Sony non espera comercializar máis de 10 millóns de PSP.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: