Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
TODO É PEIXE

E non habías calar, ho?

A cousa real anda nerviosa. A proverbial aquiescencia e equidade, o natural campechano e a discreción por antonomasia non atravesan o seu mellor momento. Un artigo de Leo F. Campos ilustrado por X. C. Hidalgo.

TEMPOS Novos - 11:10 26/12/2007

A cousa real anda nerviosa. A proverbial aquiescencia e equidade, o natural campechano e a discreción por antonomasia non atravesan o seu mellor momento. Que se "filipe" con caricaturas apenas uns meses despois de condenarmos moralmente aos árabes polo mesmo... Non che é igual cagarse en dios ca cagarse en diola. Tampouco cagarse na coronilla che é igual ca cagarse na corona.

A causa real é unha e a causa común é outra. Chaves para gobernar: os votos, escolleitos polo pobo. Democraticamente. Un coche perdido en inglés -one car lost- non foi escolleito polos seus dotes diplomáticos, non foi escolleito polos seus dotes políticos, non foi escolleito por... Franco? Directo, libre? Así quería eu este artigo. Non pode ser. Cando os símbolos importan nun estado máis ca os cartos, o capitalismo dá un perigoso paso cara a tras e á dereita. O lobo arregaña os dentes. Abaixo a dentadura. Perdón polas grallas, que son minúsculas.

Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 127, decembro de 2007)


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: