Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica sesión do Consello Escolar da Comunidade

Madrid pagaralles escola aos que non queiran estudar en galego, éuscaro e catalán

Asegurar que a bandeira española se vexa nas escolas e ofrecer bolsas de estudo a escolares presuntamente "discriminados por seren falantes de castelán", foron preocupacións destacadas polo Consello Escolar de Madrid.

Redacción - 11:50 20/12/2007

O goberno madrileño, por boca da súa presidenta, Esperanza Aguirre, xa fora outras veces belixerante cara ao carácter pluricultural do Estado español. A propia Aguirre, ex ministra de Educación e Cultura, falara en público a prol de reformas para que os currículos escolares en materias como a Historia ou a Literatura fosen uniformes en todo o Estado.

Desa mesma opinión semellan ser a maioría dos integrantes do Consello Escolar da Comunidade de Madrid, vistas algunhas das polémicas propostas saídas da súa xuntanza desta semana. A máis discutida foi a de ofrecérenlle bolsas de estudo a alumnos "que non poidan estudar en castelán en comunidades con políticas de inmersión lingüística". Entre os que se opuxeron, sen éxito, a esta iniciativa, estiveron mesmo os representantes da Federación Española de Relixiosos no Ensino, FERE. Garantir que a bandeira española ondee á porta de todas as escolas é outra das paradoxais preocupacións destadas deste organismo. A Consellería de Educación madrileña xa fixo súas estas propostas.

Dos detalles do discurso interno na xuntanza deste Consello poden saber no blog dun dos seus integrantes, Álvaro Vermoet, un mozo de vinte anos que ten asento en representación do colectivo conservador Unión Democrática de Estudantes. Gaba Vermoet o que na súa opinión é aposta polos conceptos comúns "en toda a nación española" ou fala por exemplo de "freo ao islamofascismo" en referencia á prohibición de que as cativas musulmás usen o velo na escola.


1,5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: