A vocalista do grupo portugués decide deixar a formación para dedicarse por completo á súa carreira en solitario.
A cantante portuguesa anunciou a súa decisión de abandonar aos Madredeus debido á imposibilidade de manter unha dispoñibilidade exclusiva e necesaria para o funcionamento do grupo. Aínda así, Teresa Salgueiro informou de que a determinación foi tomada de mutuo acordo entre ela e o líder da banda, Pedro Ayres Magalhaes, en representación do grupo, polo que non pecha a porta de cara a futuras colaboracións.
Salgueiro desenvolveu nos últimos anos unha intensa carreira en solitario, coa publicación dos discos La Serena, acompañada polo septeto do brasileiro Joao Cristal e Vocé e eu. A cantante tamén participou no disco Silence, night and dreams, do compositor polaco Zbigniew Preisner, no que interpreta en latín temas con contidos bíblicos. As continuas peticións para continuar desenvolvendo proxectos artísticos foi a causa fundamental do abandono do grupo.