Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CASA DE GALICIA DE TOULOUSE

As andanzas de Cibrán, Bocas e Milhomes aparecen en francés

'A Esmorga' de Blanco-Amor forma parte dunha colección de literatura galega traducida á lingua gala que conta co apoio de Cultura.

Redacción - 14:18 21/11/2007

A Casa de Galicia de Toulouse, co apoio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, sacará unha colección de narrativa galega en lingua francesa. O primeiro título será A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, que se poderá ler por primeira vez nese idioma.

A obra, titulada en francés La noce, está traducida por Vincent Ozaman e publicada pola editorial Terre de Brume. A colección está dirixida por Ramón Chao e Ignacio Ramonet e coordinada por Fátima Rodríguez.

O íncipit en francés di: "Du temps où j'étais petit enfant, les braves gens parlaient encore de l'affaire dans la ville d'Auria, là où les faits se sont déroulés. Ils racontaient la chose de bien différentes façons, mais leurs versions finissaient néanmoins par coincider pour la fin, qui était toujours la même..."


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: