Grazas a novos servizos en liña gratuítos, o primeiro editor mundial de programas informáticos proponse reforzar a súa influenza na rede en detrimento do xigante Google
Microsoft presentou onte unha serie de servizos en liña gratuítos vinculados ao seu sistema de explotación Windows, elemento clave da súa estratexia para manter a supremacía dos seus programas informáticos estendendo ao mesmo tempo a súa influencia en Internet.
Así Windows Live, cuxa versión de proba se lanzara en setembro pasado, agrupa un servizo de correo electrónico, servizo de mensaxería instantáneo, álbum de fotografías en liña, un programa informático para os blogs e un programa de seguridade dispoñibeis nun único paquete. Actualízase automaticamente.
Troco de estratexia de marketing
Para non perder terreo perante competidores como Google e Yahoo, que pretende substituír aos programas informáticos tradicionais buscando alternativas para funciona localmente a partir do disco duro do ordenador por aplicacións en liña, a empresa de Redmond debeu cambiar o seu enfoque comercial.
Entre as dúas posibles solucións - favorecer os servizos en liña, á costa das vendas de licencias Windows e Office, ou ignorar a mutación cara aos servizos en liña, correndo o risco de ver como os seus produtos se volven anticuados -, Microsoft elixiu unha estratexia mediana. Este enfoque, bautizado "informática máis servizos", consiste en desenvolver novos servizos en liña complementarios dos seus programas informáticos tradicionais, sen teren que ser substituídos.