O encontro reabre o debate sobre as políticas de uniformización que aplica o estado francés.
Dende esta quinta feira e até o sábado celébranse na localidade de Kanbo (Iparralde) os XVII Encontros sobre Linguas e Culturas. Nos mesmos, participan numerosos expertos en política lingüística de todo o estado francés que analizarán a situación de linguas minorizadas como o éuscaro, catalán ou bretón.
Pantxika Maitia, do Institito Cultural Vasco, explicáballe a Eitb que todas as linguas minorizadas comparten o mesmo problema: a Constitución francesa, que impón o francés como única lingua oficial. Porén, Matia considera que hai signos esperanzadores de que haxa unha maior sensibilidade cara os demais idiomas.