Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GLORIA LAGO, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN

Galicia Bilingüe: “Aprender galego causa prexuízos psicolóxicos nos nenos”

A asociación na defensa do castelán considera que a Administración está forzando o alumnado a aprender en galego, “un idioma que non é seu”.

Redacción - 17:54 06/11/2007

A asociación Galicia Bilingüe asegura que o Decreto do galego no ensino pode causar “prexuízos psicolóxicos moi grandes” entre o estudantado de Infantil, por “obrigalos a aprender un idioma que non é o seu”. A presidenta do colectivo, Gloria Lago, cre que o galego non é a lingua materna dos nenos do país e que a Xunta pretende impoñerlla.

Lago, en declaracións a Europa Press, asegura que a causa do fracaso escolar e de todos os males do sistema educativo é o ensino do galego, que considera “unha barbaridade”, e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten como único fin galeguizar a sociedade "copiando o modelo catalán".

A presidenta de Galicia Bilingüe apreciou un xiro de 180 graos no ensino do país dende a aprobación do Decreto, pois, segundo ela, "en moitos colexios de Galiza xa só se imparte en castelán a materia de lingua española”. Ademais o ensino en galego resulta "unha grave molestia" para os mestres castelán falantes, que se ven "obrigados a dar a clase nunha lingua que non dominan".


1,86/5 (29 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: