Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN HOME ESTÁ ACUSADO DE FALSIFICAR DIVERSOS PRODUCTOS NO MUNDO VIRTUAL

Os Tribunais chegan agora tamén a Second Life

É o primeiro caso coñecido dun delito no mundo virtual de Second Life. Seis comerciantes denunciaron ante un Tribunal de Nova Iorque que un particular estaba a falsificar os seus productos.

Redacción - 14:14 02/11/2007
As comercio en Second Life ten perigos

As comercio en Second Life ten perigos

O problema agora está en determinar se o delito de violar a protección de marcas e os dereitos de autor do que se lle acusa se pode imputar no mundo real ou ben ó ser Second Life un mundo virtual, o falsificador non tería que someterse á lexislación vixente en Estados Unidos.En Second Life móvense ó día preto dun millón de dólares, a través da moeda oficial alí, o linden. Para ter cartos no mundo virtual os cidadáns (avatares) teñen traballo que lles xera unha riqueza que logo poden gastar no que outros avatares venden.

Así foi como chegou o presunto delito de Thomas Simón. E é que o seu avatar, Rase Kenzo, dedicouse a clonar os seus propios produtos e a vendelos o que, segundo os denunciantes, é ilegal. Segundo eles, Kenzo piratea e pon en perigo o modo de vida dos seus avatares en Second Life, xa que lles produce serias perdas de cartos debido á súa actividade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: