Varios programas facilitan a busca e a edición de imaxes na rede
Nada máis frustrante que a procura de fotografías sobre Google por exemplo. Vense por pequenos paquetes de pequenas fotografías e a súa ampliación cando se pasa o cursor por enriba, é infame.
Flickr propón imaxes maiores, pero vense unha ou dúas por pantalla e un cansa a forza de pulsar.
Live, o motor de procura de Microsoft está mellor na medida en que as fotografías chegan nun fluxo continuo e o programa permite elixir previamente o tamaño das imaxes e gardalas nunha especie de caderno (notepad).
Con PicLens, a ferramenta é unha pequena frecha que aparece sobre a primeira fotografía seleccionada. E cun clic toda a serie aparece na pantalla, unha imaxe en grande e as pequenas debaixo. Piclens é un produto de CoolIris que serve para previsualizar as páxinas ás cales nos conduciría un vínculo se pulsaramos enriba. Un e outro funcionan perfectamente como extensións de Firefox. Un comentario sobre este produto pódese atopar en Interclue.