Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Para o mes marcarán o programa de traballo do 2008

Luís Bará reúnese coas empresas musicais no Womex

O director xeral de Creación e Difusión Cultural e as doce empresas participantes na feira fixeron un balance da asistencia aos últimos eventos internacionais.

Redacción - 19:01 26/10/2007

O 2007 foi un ano de aprendizaxe para a industria musical galega: participou por primeira vez en tres grandes mercados internacionais (o Midem de Cannes, o Popkomm de Berlín e agora a Womex en Sevilla). Tamén estivo presente mediante un stand de seu e baixo unha imaxe de marca consolidada, Galiciantunes. Boas condicións para daren un salto cualitativo para o ano.

A Fábrica de Chocolate, Abada, Berrogüetto Producións, Falcatruada, Lonxa Cultural, Nordesía, Ouvirmos, Deica Management, Iabadabadú Festicultores, Nalgures, Promociones sin Fronteras e Zouma Records seguirán a amosar os seus produtos en Womex até o domingo 28. E na noite deste venres, a voz de Ugia Pedreira soará na carpa Offwomex, arroupada polo resto dos integrantes de Marful: Pedro Pascual (acordeón diatónico), Pablo Pascual (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarra).

O encontro foi un adianto á reunión que a Consellaría de Cultura e Deporte manterá no IGAEM a principios de novembro coas empresas do sector en Galiza: o programa de traballo para o 2008, a amplicación da asistencia a eventos internacionais do mercado latino-americano, e a reivindicación dunha música con identidade a través da marca GalicianTunes son os principais puntos da orde do día. Tamén se estudará a posibilidade de promover conxuntamente os festivais galegos, e analizarase o estado das axudas para a promoción exterior en festivais ou a produción de novidades discográficas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A xuntanza de Luís Bará coas empresas
A xuntanza de Luís Bará coas empresas
Marful en Womex
Marful en Womex