Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Despois da sanción europea

Microsoft acepta cederlle información sobre Windows á competencia

Como contrapartida, o executivo comunitario anuncia que non lle impoñerá máis multas á empresa estadounidense.

Redacción - 14:30 23/10/2007
Bill Gates, presidente de Microsoft

Bill Gates, presidente de Microsoft

A confirmación da sanción de 497 millóns de euros que a Comisión Europea lle impuxo a Microsoft por abuso de posición dominante xa deu o seu froito. A compañía de Bill Gates anunciou que aceptará cumprir as esixencias da institución comunitaria.

Segundo informou a comisaria da Competencia, Neelie Kroes, Microsoft deberá subministrar a un prezo razoábel información para que os seus rivais poidan fabricar sistemas compatíbeis con Windows. Coa decisión do xigante do software, a Comisión “xa non ten razóns para impoñerlle máis multas a Microsoft”. Queda pendente de decidir que acontecerá coas sancións impostas con anterioridade á mesma empresa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: