O referendo do pasado domingo só tivo un 15% de participación, algo que pon en perigo a aprobación dun novo Estatuto para a illa, xa que fai falta que vote o duplo para lexitimar o proceso.
Segundo publicaba na segunda feira o diario dixital catalán Vilaweb, o referendo sobre a Lei Estatutaria da Sardeña realizado no domingo só tivo só un 15% de participación; pouca se se ten en conta que fai falta un mínimo do 33% para validar a votación.
O resultado habíase de coñecer na mañá da segunda feira, mais, namentres non se sabe nada, fanse conxecturas sobre se se debería promulgar unha nova lei se o resultado fose favorábel.
O presidente sardo, Renato Soru, declarou que vai promulgar a nova Lei Estatutaria, aínda tendo en conta a pouca participación.
A nova Lei Estatutaria sarda
A implica, segundo os que a defenden, numerosas melloras do sistema político actual, como a elección directa do presidente e a definición das competencias dos órganos institucionais; prohibe presentarse tres veces seguidas ás eleccións e implica as entidades locais na vida política.
No caso de que sexa ratificada, esta nova lei contemplaría a redución do número de Asesores -conselleiros de goberno-, a regulación dos cargos privados nas empresas que teñan políticos en activo, e o reequilibrio de poder entre a Xunta, o goberno rexional, e o Consello, o órgano lexislativo.