A Marcha Mundial das Mulleres achéganos un manifesto elaborado no Comité Internacional que tivo lugar en Coimbra a semana pasada.
Participaron dúas delegadas de cada continente. Este comité fai seguimento das políticas da Marcha aprobadas nos Encontros Internacionais, e un dos seus obxectivos é a loita contra a pobreza. Sinalan que o 70% da pobreza do mundo é feminina, precisamente a parte da poboación mundial sobre a que recae boa parte da produción e elaboración de alimentos. A seguir reproducimos o manifesto:
"De novo mobilizámonos neste 17 de outubro para denunciar e esixir o fin da opresión á que somos sometidas por ser mulleres, para acabar coa dominación, a explotación, o egoísmo e a procura desenfreada do lucro que traen inxustizas, guerras, colonización, ocupacións e mais violencia.
Das nosas loitas feministas e as das nosas antepasadas que loitaron en todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, as nosas fillas, os nosos fillos, para todas as nenas e os nenos que seguirán camiñando sobre a Terra. No 2000 xuntamos 5 millóns de firmas esixindo o fin da pobreza e da violencia. O 2005 saímos ás rúas novamente convocando á humanidade por Igualdade, Liberdade, Xustiza, Paz e Solidariedade e tecendo os nosos soños mentres construímos a nosa manta mundial.
Hoxe, como antes, denunciamos o capitalismo, o patriarcado e as súas institucións como as corporacións transnacionais e as oligarquías nacionais, que extraen a súa riqueza da discriminación, opresión e explotación dos nosos pobos e especialmente as mulleres, do saqueo dos nosos territorios, auga, terra, biodiversidade, fontes de enerxía, e descoñecen os nosos dereitos individuais e colectivos.
Denunciamos estes sistemas que se organizan con base nos privilexios dos homes sobre as mulleres, de brancos sobre negros e indíxenas, así como a exclusión das lesbianas, de inmigrantes e tantas situacións de vida consideradas por eles irregulares. Denunciamos o seu carácter represivo e de criminalización das nosas loitas.
Neste 17 de Outubro - Día internacional de loita contra a pobreza - chamamos a atención á realidade vivida por nós mulleres: o noso traballo de coidado á familia e á comunidade non é recoñecido e aumenta cos cortes do orzamento publico, temos menos propiedade e control dos recursos, temos salario menores, as condicións de traballo son precarias e as empresas controlan a nosa sexualidade e corpo.
Non temos as mesmas oportunidades de estudo e os nosos coñecementos e cualificacións son menos recoñecidas. As conexións entre a pobreza e a violencia cara ás mulleres maniféstanse no tráfico e explotación sexual, no feminicidio, na utilización do corpo das mulleres como botín de guerra.
Recoñecemos as varias formas de opresión cara ás mulleres nos catro cantos do mundo. Tantas veces manifestámonos, e seguiremos o facendo, contra as ocupacións militares en Palestina, Afganistán, Líbano, Iraq. Neste momento particular relevamos a nosa solidariedade coas mulleres en loita en contra a ditadura militar en Birmania, que empezasen denunciando a alta dos prezos de combustibles e abrisen o camiño a monxes, estudantes e todo o pobo.
Apoiamos ás compañeiras de Costa Rica no seu NON ao tratado de libre comercio de América Central con Estados Unidos. Empeñamos a nosa loita para superar a terrible violencia que sofren as mulleres nos conflitos armados na rexión de Kivu, República Democrática do Congo e Darfur, na rexión oeste de Súan.
Reafirmamos os nosos camiños para superar a pobreza e a violencia cara ás mulleres: