Uns cincocentos estudantes de secundaria adquiriron ordenadores a prezo reducido coa axuda do fundador de Inditex.
A Fundación Amancio Ortega subvencionará o 50% do prezo dos ordenadores dos estudantes de secundaria nos institutos de Sabón e A Pastoriza, os dous no municipio de Arteixo. Así se establece nun acordo entre a Fundación, o Banco Pastor, Caixa Galicia e o Banco Gallego e o Concello de Arteixo. Ao final os rapaces poderán mercar un portátil por un máximo de 10 euros ao mes.
Trátase do cuarto ano consecutivo en que Amancio Ortega axuda ao equipamento dos rapaces destes institutos. Dende 2003, son uns cincocentos os estudantes que se beneficiaron das axudas do magnate de Inditex. Este ano incorpóranse a iniciativa 89 estudantes de Sabón e 66 da Pastoriza.
A Fundación Amancio Ortega asegura que “o IES de Pastoriza completa este ano o seu ciclo de portátiles y convertese así no único instituto del sistema público de ensino español no que todos os alumnos teñen un terminal propio que aplican diariamente á rutina escolar”.