Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións primarias

O alcalde de Roma, Walter Veltroni, liderará o centro-esquerda italiano

A alta participación, uns tres millóns de persoas que pagaron un euro cada unha, foi o dato máis salientado por todas as forzas da nova coalición.

Redacción - 10:56 15/10/2007
Walter Veltroni, este domingo

Walter Veltroni, este domingo

Escrutados máis da metade dos votos, un 75,48% dos tres millóns de persoas que este domingo elixían ao líder do novo gran partido de centro-esquerda italiano, o Partido Democrático, déronlle o seu apoio ao actual alcalde de Roma, Walter Veltroni.

En segundo lugar fica a ministra de Política Familiar, Rosy Bindi, cun 14,14% dos votos, segundo esta proxección realizada polo propio partido organizador.

"Esta é a noite que estabamos esperando vivir. Agora comeza unha nova e marabillosa historia", declarou Veltroni dende a sede da súa campaña minutos despois do anuncio destes resultados.

Os organizadores revelaron que uns tres millóns de persoas participaron na votación, moi por encima das proxeccións máis optimistas. Algúns centros de votación mesmo tiveron que aprazar o seu peche, previsto para as 20.00 horas, ante a gran concorrencia de votantes.

O primeiro ministro italiano, Romano Prodi, un dos principais artífices da creación do Partido Democrático, salientou o dato: "Isto demostra o extraordinario desexo dos cidadáns de participar na vida pública. É, certamente, un belido día para a democracia italiana".

Veltroni, conducirá a fusión do seu partido, os Demócratas de Esquerdas, e os centristas da Margarida, e que aspira a se converter na formación máis votada do país.

Representante dos moderados e cun pasado comunista, Veltroni, mantén as distancias coa esquerda máis extrema mais sen interromper o diálogo. Nos seus discursos durante a campaña electoral, ofreceulle á oposición do centrodereita a posibilidade de chegar a acordos para conseguir reformar o país.

Mái información no xornal L'Unitá, antigo órgano do Partido Comunista do que Veltroni foi director.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: