Científicos europeos e do EUA ensaian unha análise de sangue para unha detección precoz.
Un grupos de científicos europeos e dos EUA xa teñen identificadas 18 proteínas non sangue que estarían directamente relacionadas co Alzheimer. Consideran que isto pode detectar posíbeis enfermos, a seis anos vista, cun 90% de precisión.
As proteínas identificadas son as que empregan as células sanguíneas, as neuronas e as células do sistema nervioso para comunicárense entre si. Os resultados deste importante avance científico publícanse na revista “Nature Medicine”.
O máis importante é que a proba será sinxela e económica. Está destinada a aquelas persoas que presenten os primeiros síntomas de deterioro cognitivo. A análise predicirá se as pequenas alteracións desembocarán, entre dous e seis anos máis tarde, nun caso de Alzheimer. Isto posibilitará que se empreguen medicamentos que axuden a retrasar a doenza.