Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate sobre o Estado da Autonomía

Aymerich destaca o compromiso cara á nova lei reguladora da CRTVG

O voceiro do BNG salienta a "aposta polo autogoberno" e pola "firmeza diante do goberno estatal" na reclamación das transferencias pendentes.

Redacción - 14:30 02/10/2007

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, dixo ter a esperanza de que a reforma lexislativa para o regulamento da Compañía da Radio e a Televisión de Galiza sirva para "rematar coa herdanza do fraguismo que aínda se vive no ente". Aymerich amosou a súa sorpresa e satisfacción polo avance, non incluído no guieiro do discurso entregado previamente a deputados e medios de comunicación. Un anuncio que chega no ecuador da lexislatura e malia que Touriño se comprometera a afrontar esa reforma no primeiro ano de goberno.

Aymerich cualificou de "equilibrado" o discurso do presidente e subliñou tamén a aposta por "manter un desenvolvemento económico que conxugue a sustentabilidade e a cohesión social, sobre todo nun contexto en que a crise inmobiliaria está a se contaxiar ao mercado galego".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: