Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PESE Á MELLORA DA ECONOMÍA

Traballadores galegos e estremeños cobran os salarios máis baixos

Mentres que en Galiza o salario mensual bruto é de 1.382 euros, en Madrid sobrepasa os 2.000 euros e en Cataluña e Euskadi achégase aos 1.900.

Redacción - 18:55 20/09/2007

Un operario galego cobra, como medio, un soldo bruto de 1.382 euros, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), o que significa algo máis de 300 euros cá media estatal. Tan só os estremeños, con 1.336 euros teñen pagas máis baixas. Pola contra, os mellores salarios seguen a concentrarse en Madrid (2.004 euros), Cataluña (1.879) e Euskadi (1.872).

Os salarios medraron en Galiza un 3,5%, un aumento a todas luces escaso xa que en 2006 a economía do país medrou un 4,1%, dúas décimas por riba da media española.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: