Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DEBATE

O Congreso veta a oficialidade das seleccións nacionais

PP e PSOE crearon unha alianza contra a reforma da Lei do Deporte e os deputados cataláns, galegos e vascos sacaron as súas camisolas.

Redacción - 11:55 19/09/2007
Outra imaxe á saída do Congreso / Foto: CiU

Outra imaxe á saída do Congreso / Foto: CiU

PSOE e PP uniron os seus votos para opoñerse ás seleccións nacionais
Os dous partidos uniron os seus votos para rexeitar dúas novas iniciativas a prol do recoñecemento internacional das seleccións deportivas, a súa presenza en competicións oficiais e a derrogación das sancións previstas para os deportistas que rexeiten acudir á chamada da selección española.

O resto dos deputados estaban a favor da oficialidade das seleccións nacionais, agás Coalición Canaria, do grupo mixto, que mantivo o seu rexeite a ámbalas dúas iniciativas.

Duelo de camisolas

Ninguén sabe aínda se o tiñan pactado, pero case todo o mundo levou a terza feira ao Congreso a camisola da súa selección de fútbol. O primeiro en sacala foi o deputado do PNV, Aitor Esteban, ao tempo que dicía: "Franco non conseguiu impoñernos o sentimento español en corenta anos e ninguén o vai conseguir". Despois foron os de CiU, Joseph Maldonado e Joan Puig, os que amosaron as camisolas da selección catalá, dicindo que o rexeite a estas propostas "reabre feridas e afástanos máis de España".

Francisco Rodríguez, do BNG; Carme García de IU-ICV; e José Antonio Labordeta, da Chunta Aragonesista, apoiaron a iniciativa catalá, mais non fixeron xuízos de valor. Só se limitaron a falar do dereito que os cataláns, vascos e galegos teñen a "emocionarse vendo as súas seleccións", ao igual que "os españois".

O PP tamén levaba a súa propia camisola
Os galegos Francisco Rodríguez e Olalla Fernández, que tamén levaban a súa camisola, exhibírona ao tempo que o facían os cataláns e os vascos, e foron atallados polo deputado do PP, Francisco González que, sorprendendo a todos, sacou a súa propia camisola da selección española de fútbol, ao tempo que aseguraba que era a camisola "de todos".

Cando o deputado de CiU, Maldonado, lle amosaba a camisola catalá, González asegurou que esa tamén a sentía como súa.

Ao final o PSOE pechou as intervencións, calando calquera protesta e amparándose na "legalidade" e na "doutrina constitucional" para vetar a oficialidade das seleccións deportivas vascas, catalás e galegas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: