A mostra de Allariz celébrase este ano do 14 ao 16 de setembro e fai o seu primeiro lustro traendo o mellorciño da música galega e europea, este ano, de balde.
Telephunken, Miñor Swing, Percubaba, O Leo i Arremecághona!!!, Blasted Mechanism, o Dj Gambeat Radio Bemba Sound System, Silicone Soul, e Os Tres Trebóns ou os Cuchufellos, entre outros moitos grupos, participarán na quinta edición do festival Reperkusión de Allariz, que este ano, e para celebrar a consecución do seu primeiro lustro, ofrece a entrada de balde.
Nesta edición 2007, o Reperkusión trae moitas cousas: 2 escenarios para as actuacións dos grupos, -un para os concertos da noite e outro para os do día, na praia fluvial de Acearrica-; actuacións de novo circo e do de circo e lume de Ale-Hop, cabaré, performances, xogos para os máis novos... e unha carpa para os Dj's e Vj's, que por primeira vez teñen un espazo propio, no Campo de Vilanova.
Podedes ver, a seguir, un vídeo de promoción do festival da Festicultura e aquí a situación do festival.