Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VELOCIDADES CINCO VECES MÁIS RÁPIDAS CÁS ACTUAIS

Telefónica di que a metade das casas terá conexión de 50 megas en 2009

A optimista previsión da operadora contrasta coa fenda dixital de Galiza, onde só o 20% dos fogares ten banda larga

Redacción - 10:20 04/09/2007
A fibra óptica sera clave no aumento das velocidades

A fibra óptica sera clave no aumento das velocidades

En 2009 máis do 50% dos fogares do Estado conectaranse a internet con banda larga de 50 megas por segundo. Este é a optimista previsión lanzada polo director xeral de Desenvolvemento de Negocio de Telefónica, Julián Linares, na inauguración do XXI Encontro de Telecomunicacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

As previsións de Telefónica parecen difíciles de cumplir, pois na actualidade só un de cada tres fogares no Estado ten 'alta velocidade'. Este termo emprégase para as conexións superiores a 512 kbps, medio mega por segundo aproximadamente. En Galiza o crecemento debería ser realmente espectacular nos dous vindeiros anos, pois hoxe unicamente o 20% dos fogares ten acceso de banda ancha.

Multiplicar por cinco a velocidade

Malia todo, o directivo adiantou que Telefónica está a renovar a súa rede para poder ofrecer conexións de ata 50 Mbps, o que significa multipilcar por cinco as velocidades actuais. Para os portátiles, Linares prevé conexións móbiles de ata 7 Mbps.

Segundo os datos da compañía, o volume de tráfico de datos aumentou un 34% nos últimos seis anos no Estado. Ante este crecemento, o principal operador da Península di que vai investir 8.000 millóns en mellorar a súa rede.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: