O seu uso quintuplicouse nos últimos anos, mentres que o do castelán triplicouse ata alcanzar case o 9% do total de internautas
Foto: SXC.hu
O pulo doutras linguas comeza a menoscabar o dominio do inglés no ciberespazo. Entre as linguas que gañan máis usuarios destacan o portugués -que medrou un 524% dende o ano 2000- e o árabe, o idioma que máis creceu, un 940%.
Así o revelan as estadísticas da Internet World Stats, que mostran que o inglés é a primeira lingua de un de cada tres usuarios, seguido do chinés (14%) e o español (8,8%) que viu triplicar o seu uso nos últimos sete anos.
O 'top ten' de linguas no ciberespazo
O portugués (4%) ocupa o sétimo lugar, superado tamén por xaponés (7%), alemán (5%) e francés (tamén 5%). Coreano (3%), italiano e árabe (ámbolos cun 2%) completan a listaxe dos dez idiomas máis populares na arañeira.