Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto singular

Ningún neno sen libros en Venezuela grazas ás 'bibliomulas'

No val de Momboy, en Trujillo, está a medrar o uso deste animais para achegar a lectura aos poboadores das montañas, especialmente aos cativos, e agora tamén o uso de computadoras.

Redacción - 10:15 15/08/2007
As 'bibliomulas' levan un par de anos a funcionar

As 'bibliomulas' levan un par de anos a funcionar

A idea das 'bibliomulas' partiu hai un par de anos da Universidade de Momboy, en Trujillo (un dos tres estados andinos de Venezuela) en colaboración con mestres e comunidades rurais da zona, coa intención de promover a lectura, principalmente entre os nenos e nenas, mais co obxectivo de chegar ao maior número posíbel de xente.

As mulas son dende entón as responsábeis de levar libros a moitas aldeas, xa que estes animais son un dos únicos medios capaces de cargar con material pesado, e percorrer camiños tan agrestes como os desta rexión.

De 'bibliomulas' a 'cibermulas'

Mais, non son só libros o que transportan. Grazas as 'bibliomulas' tamén se organizan lecturas colectivas e actividades de contacontos, ademais de permitir a entrega de material de primeiros auxilios e deportivo ás escolas.

Agora ademais queren converter as 'bibliomulas' en 'cibermulas'. Dada a dificultade de acceso á internet nestas comunidades rurais, os responsábeis do proxecto están equipando aos animais con computadoras portátiles e teléfonos móbiles wireless, así como tamén proxectores para que os habitantes poidan ver películas.


Documentos

4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: