Os investigadores desenvolveron un sistema que transforma temperatura corporal en enerxía. É aplicábel a teléfonos e outros trebellos.
O xerador termoeléctrico foi deseñado por científicos do Instituto Fraunhofer de Sistemas Integrados, e tiña como obxectivo a utilización en aplicacións cotiás fundamentalmente no eido médico, caso de medidores de tensión ou ritmo cardíaco.
Como exemplo, os investigadores citan tamén a súa adaptación posíbel para teléfonos móbiles. Aproveitando a calor do corpo humano como fonte de enerxía, o sistema sería capaz de garantir o funcionamento de pequenos trebellos electrónicos.