Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Preguntan os internautas

Os demócratas inauguran nos EUA os Youtube-debates

Tres milleiros de persoas enviaron as súas vídeo-preguntas a un espazo deseñado por Youtube e moderado pola CNN. Responden os candidatos das primarias do Partido Demócrata.

Redacción - 09:00 24/07/2007



"Apoia vostede o matrimonio homosexual?", "Cubriría o seu plan sanitario os traballadores sen papeis?", "Envía os seus fillos a unha escola pública ou privada?".

Son algunhas das preguntas enviadas en formato vídeo polos internautas para seren respondidas polos candidatos que compiten nas primarias do Partido Demócrata. O espazo foi despregado coa colaboración de Youtube e a cadea televisiva CNN, coa moderación do xornalista Anderson Cooper.

Dos candidatos máis coñecidos, Hillary Clinton e Barack Obama, pasando polo resto de aspirantes: John Edwards, Bill Richardson, John Biden, Christopher Dodd, Mike Gravel e Dennis Kucinich, todos estiveron presentes na innovadora iniciativa. Cada un deles contou con medio minuto para responder as cuestións presentadas.

Os organizadores aseguran que se recibiron máis de tres milleiros de vídeos. A peneira final deu tempo para até 39 preguntas aos candidatos. Para o próximo mes de setembro a CNN citou os candidatos do Partido Republicano para un encontro similar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: